Inicio / Sala de prensa / Obradoiro Pictoeduca

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


24-01-2019

Portal PICTOEDUCA
© Fundación Barrié

A Coruña, 24 de xaneiro de 2019.- A Fundación Barrié e Pictoaplicaciones organizan o obradoiro práctico: Aprende a crear leccións adaptadas con Pictoeduca que terá lugar hoxe, 24 de xaneiro ás 16h na sede da Fundación Barrié na Coruña (Cantón Grande, 9).
 
Serán 40 os profesionais do terceiro sector, educadores e familiares de persoas con necesidades educativas especiais que asistirían a esta actividade de balde previa inscrición. O desenvolvemento do obradoiro correrá pola conta de Miguel García, director executivo e creativo do Grupo Promedia e Pictoaplicaciones e Dolores Lago Rincón, directora de comunicación e administración de contidos de Pictoaplicaciones.
 
PICTOEDUCA é un portal universal e de balde en Internet, que ten como propósito axudar a menores e adultos que teñen dificultades de expresión na linguaxe oral (TEA, Asperger, TGD), a progresar na comunicación e comprensión de coñecementos a través de leccións e tarefas desenvolvidas de xeito sinxelo e con pictogramas, todas elas de balde e de libre acceso.
 
PICTOEDUCA é unha iniciativa da Fundación Barrié e Pictoaplicaciones, que nace no ano 2017 co propósito de ofrecer:

  • Unha iniciativa educativa integradora e diferente para pais e nais e educadores.
  • Un proxecto vivo ao servizo das persoas con necesidades de apoio educativo.
  • Leccións multimedia interactivas con complementos para a súa mellor comprensión.
  • Un portal universal con variedade de materiais didácticos de balde.
  • Un punto de encontro para compartillar e intercambiar coñecementos na comunidade educativa.
  • Un proxecto que incentiva a participación e a inclusión do alumnado ao medio social.
  • Formación con novas tecnoloxías dun xeito intuitivo e sinxelo.
  • Leccións readaptables ao ritmo e ás necesidades de cada alumno/a.
O portal conta con multitude de recursos dispoñibles para todos os usuarios, e á vez achega unha ferramenta para que os usuarios poidan crear as súas propias leccións adaptadas con distintos compoñentes: vídeo, imaxes, pictogramas, texto, documentos adxuntos, xeración de preguntas asociadas e creación de xogos tipo quiz.
 
O desenvolvemento de Pictoeduca realizouse para PC, iOs e Android:
 
Web:                   https://www.pictoeduca.com/
iOs:                     https://goo.gl/w2gSuk
Android:              https://goo.gl/w2HhRM .
 
Máis información:
                               http://www.fundacionbarrie.org/pictoeduca
                               https://www.pictoaplicaciones.com/dossier