Inicio / Sala de prensa / Más Social Galicia Convocatoria 2018-2019

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


22-02-2018

  • Máis Social é un programa innovador da Fundación Barrié, dirixido ao fortalecemento do Terceiro Sector, a través do cal, desde o ano 2011, facilita ás entidades sociais medios e estratexias enfocadas a optimizar a súa xestión e promover un modelo de acción social economicamente sostible.
  • A convocatoria Máis Social 2018-2019 ofrece 65 prazas orientadas a reforzar a comunicación externa das entidades non lucrativas galegas de acción social, distribuídas en varias liñas de apoio: Formación de 42 horas para mellorar as competencias de xestión da comunicación dixital (40 prazas); Servizos profesionais de méntoring de 48 horas para coñecer e practicar as funcións de Community Manager (10 prazas); Asistencia técnica para a implementación de páxinas web corporativas de 235 horas con impacto social a través do modelo de web Conecta (5 prazas) e Consultoría de 1 ano para o desenvolvemento de plans de comunicación externa (10 prazas).
  • O prazo de solicitude está aberto desde o 22 de febreiro ao 16 de marzo de 2018, ambos incluídos.
  • 109 entidades de acción social e sen ánimo de lucro galegas e de ámbito nacional (confederacións, federacións, asociacións, fundacións…) beneficiáronse dos diferentes servizos facilitados polo Programa Máis Social desde a súa posta en marcha en 2011, o cal lles permitiu optimizar a súa capacidade financeira e de xestión, potenciar a súa utilidade pública e aumentar a súa transparencia de cara á sociedade.
  • Con esta convocatoria a achega da Fundación Barrié ao Programa Máis Social ascende a  máis de 3.700.000 euros  (2011-2018).
  • A análise de impacto das primeiras dúas convocatorias pon de manifesto datos que avalan o cumprimento do obxectivo con indicadores tales como: o 70% das entidades alcanzan ou superan os seus obxectivos de profesionalización e sostibilidade; o 60% das entidades elaborou ou actualizou o seu plan estratéxico; o 80% mellorou a súa web e presenza online e o 75% mellorou en transparencia.

Máis Social Galicia - Convocatoria 2018-2019
© Fundación Barrié

A Coruña, 22 de febreiro de 2018.- A Fundación Barrié abre hoxe, xoves 22 de febreiro, a quinta convocatoria de Máis Social.
 
Máis Social, é un programa innovador da Fundación Barrié dirixido ao fortalecemento do Terceiro Sector, a través do cal, desde o ano 2011, facilita ás entidades sociais medios e estratexias dirixidas a optimizar a súa xestión e promover un modelo de acción social economicamente sostible.

65 PRAZAS PARA REFORZAR A COMUNICACIÓN EXTERNA DAS ENTIDADES NON LUCRATIVAS GALEGAS DE ACCIÓN SOCIAL
 
O eixe da convocatoria Máis Social 2018-2019 oriéntase fundamentalmente a reforzar a comunicación externa das organizacións non lucrativas, por entender que a comunicación ten un valor estratéxico na xestión das organizacións e que a súa planificación é fundamental non só para mellorar a maneira de chegar aos seus grupos de interese, senón tamén para obter o pleno recoñecemento do valor social e tamén económico que estas entidades achegan á sociedade.
A Fundación Barrié asume integramente o custo das 65 prazas que se ofertan nesta convocatoria e que se distribúen nas liñas de apoio a seguir:
 

FORMACIÓN, a caixa de ferramentas para unha xestión profesional da comunicación dixital nas Organizacións Non Lucrativas (ONL)
40 prazas
XESTOR – SERVIZO DE COMMUNITY MANAGER, Mentoring orientado á profesionalización da función de Community Manager nas ONL
10 prazas
Participación nun dos 2 programas formativos, cos cales -desde unha perspectiva práctica- se pretende adestrar o persoal de ONL para unha xestión profesional da comunicación dixital nas súas entidades. En particular:

PFI - Nivel Iniciación (42 horas):
• Espertar a súa curiosidade por algunhas das canles e ferramentas de xestión máis utilizadas.
• Capacitalos/as nas competencias técnicas mínimas necesarias para crear materiais de comunicación de grande impacto social.
 
PFII - Nivel Avanzado (42 horas):
• Guialos/as cara a unha xestión da comunicación por obxectivos.
• Capacitalos/as en competencias técnicas avanzadas para crear materiais de comunicación de grande impacto social.
  
Admitiranse ata 2 persoas por entidade nun ou outro programa.
• Proceso de mentoring (48 horas) que pretende dar a coñecer e practicar as funcións de Community Manager en ONL, a través do acompañamento experto, a transferencia de coñecementos e a aprendizaxe propia.

• Está dirixido a 1 persoa por entidade, e con iso búscase mellorar as súas competencias profesionais para compatibilizar a actividade de Community Manager na organización á cal pertence.

• Durante o mentoring, cada entidade poderá elixir sobre que e cantos elementos quere prácticar de entre os seguintes: contidos (semi)estáticos, noticias e/ou actividades na WEB e blog, convocatorias e/ou notas de prensa para medios de comunicación e, publicacións en redes sociais.
WEB – IMPLEMENTACIÓN DE CONECTA, un novo modelo de web corporativa para Organizacións Non Lucrativas (ONL) orientado a acadar un impacto social real
5 prazas
CONSULTORÍA – PLAN DE COMUNICACIÓN EXTERNA, apoio profesional no deseño, seguimento da implementación e avaliación dun plan de comunicación externa para ONL.
10 prazas
Asistencia técnica (235 horas) durante 6-8 meses máximo a través da cal se ofrecen os servizos a seguir:

• Deseño, montaxe e instalación da nova WEB corporativa da entidade a partir do modelo CONECTA da Fundación Barrié desenvolvido en software libre.

• Asesoramento experto á entidade na elaboración dos seus contidos WEB.

• Formación específica na cal se ensinará a persoal da entidade a autoxestionar a súa páxina.

• Difusión da nova WEB en buscadores, redes sociais e contactos dentro e fóra do Terceiro Sector.
• Prestación dun servizo profesional de consultoría de 1 ano de duración consistente en acompañar a ONL no deseño, implementación, seguimento e avaliación dun plan de comunicación externa a medida orientado a resultados, que permita á entidade estar presente na mente dos seus correspondentes grupos de interese clave (doantes, socios colaboradores, voluntarios, lexisladores, medios de comunicación, etc.).

• O equipo consultor asesorará a entidade durante todo o proceso, pero a responsabilidade do plan será sempre da entidade.
 
Cada entidade, en función das súas condicións e intereses poderá solicitar unha ou varias das opcións ofertadas.
 
OUTROS BENEFICIOS DO PROGRAMA 
 
Estas axudas compleméntanse con outros beneficios do Programa:
  • Actualización da versión web corporativa Conecta a Conecta 2 (2018-2019).
  • 2º Obradoiro de intercambio de boas prácticas web “Compartindo fortalezas, aproveitando oportunidades” (outubro 2018).
  • IV Convocatoria de proxectos: apoio económico a proxectos sociais das entidades beneficiarias dalgunha das opcións ofertadas por Máis Social Comunicación, en colaboración coa Fundación Roviralta (1º semestre 2019).
  • Prioridade e condicións especiais para a cesión de salas nas sedes da Fundación Barrié para o desenvolvemento de actividades puntuais.
 
SOLICITUDE ATA O 16 DE MARZO DE 2018

Poden participar entidades privadas de acción social e sen ánimo de lucro (confederacións, federacións, asociacións, fundacións, etc…) con domicilio social en Galicia e unha antigüidade mínima de dous anos.
 
As bases completas e o acceso ao formulario online están dispoñibles na web:

www.fundacionbarrie.org/mas-social-galicia-convocatoria-2018-2019
 
O prazo para inscribirse permanecerá aberto desde o xoves 22 de febreiro ata o 16 de marzo de 2018, ambos incluídos.
 
A FUNDACIÓN BARRIÉ E O FORTALECEMENTO DAS ENTIDADES SOCIAIS GALEGAS 
 
A Fundación Barrié implementou o Programa Máis Social co obxectivo de promover un modelo de acción social economicamente sostible, facilitando ás organizacións estratexias e instrumentos, medios económicos, espazos para o intercambio de experiencias e contactos para optimizar a súa xestión e contribuír ao seu crecemento estable e permanente. 
 
Desde a primeira convocatoria en 2011, 109 entidades privadas de acción social e sen ánimo de lucro galegas e de ámbito nacional (confederacións, federacións, asociacións, fundacións…) beneficiáronse dos diferentes servizos facilitados polo programa, que abrangueron -entre outros- formación, consultoría, contratación de profesionais, desenvolvemento de páxinas web corporativas e financiamento de proxectos sociais. Iso permitiulles optimizar a súa capacidade financeira e de xestión, potenciar a súa utilidade pública e aumentar a súa transparencia de cara á sociedade.
 
A análise de impacto das primeiras dúas convocatorias pon de manifesto datos que avalan o cumprimento do obxectivo con indicadores tales como: o 70% das entidades acadan ou superan os seus obxectivos de profesionalización e sostibilidade; o 60% das entidades elaboraron ou actualizaron o seu plan estratéxico; o 80% melloraron a súa web e presenza online e o 75% melloraron en transparencia.
 
Con esta convocatoria a achega da Fundación Barrié ao Programa Máis Social  supera os 3.700.000 euros (2011-2018).