Inicio / Sala de prensa / Actividades arredor de "2018: enreda na rede" - KTORCE-18

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Tamén se fará entrega ao CPI Cova Terreña de Baiona, do primeiro Premio do concurso de deseño ao mellor slogan e representación gráfica sobre o bo uso das redes sociais entre adolescentes. O accésit correspondeu ao Colexio Vigo de Redondela.

02-05-2018

  • Mañá 3 de maio celebraranse na sede da Fundación Barrié da Coruña dúas actividades en relación co fomento do bo uso das tecnoloxías: un obradoiro dirixido a adolescentes e unha xornada para profesionais.
  • Marc Masip, responsable do programa psicoeducativo contra a adicción ás novas tecnoloxías DESCONECTA, será o responsable de impartir, pola mañá un obradoiro para alumnado de E.S.O. sobre o bo uso das pantallas e das novas tecnoloxías,  que proporcionará o grao de dependencia a estas.
  • Ao final do obradoiro terá lugar a entrega ao CPI Cova Terreña de Baiona, do primeiro Premio do concurso de deseño ao mellor slogan e representación gráfica sobre o bo uso das redes sociais entre adolescentes. O accésit correspondeu ao Colexio Vigo de Redondela.
  • Pola tarde, terá lugar a xornada “2018: Enreda na rede” que ten como obxectivo ofrecer un foro de reflexión e traballo dirixido a profesionais da educación e a intervención social, que ten como obxectivo xeral crear un espazo de formación e reflexión sobre o uso das redes sociais entre adolescentes.
  • Estas actividades enmárcanse dentro do Programa Ktorce 18, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado) e que chegou a máis de 20.000 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.  

Programa "2018: enreda na rede" - KTORCE-18
© Fundación Barrié

A Coruña, 2 de maio de 2018.- A Fundación Barrié e a Asociación ARELA organizan conxuntamente o 3 de maio dúas actividades en relación co fomento do bo uso das tecnoloxías: un obradoiro dirixido a adolescentes e unha xornada para profesionais.
 
Ambas forman parte de  “2018: enreda na rede”, un programa que engloba diversas actividades orientadas á toma de conciencia sobre o uso das novas tecnoloxías por parte dos adolescentes (as súas vantaxes, os seus inconvenientes e os seus riscos por un uso inadecuado ou excesivo: sexting, grooming, ciberacoso escolar, gambling…) así como a identificar, por parte da comunidade educativa e profesional, condutas non apropiadas e aprender estratexias para modificalas.
 
 
ERGUE A CABEZA – PROXECTO DESCONECTA – BO USO DAS PANTALLAS E AS NOVAS TECNOLOXÍAS
3 de maio
10.30 h.- 12.30 h.
Sede da Fundación Barrié, Cantón Grande, 9
Actividade gratuíta previa inscrición
 
Marc Masip, responsable do programa psicoeducativo contra a adicción ás novas tecnoloxías DESCONECTA, será o responsable de impartir, pola mañá un obradoiro práctico para alumnado de E.S.O. sobre o bo uso das pantallas e as novas tecnoloxías,  que a través de vídeos, dinámicas de participación e moita reflexión, proporcionará o grao de dependencia a estas.
 
Participará alumnado do IES A Sardiñeira (A Coruña), CPR San José (Pontedeume), CPR Compañía de María (Ferrol) e IES Cova Terreña (Baiona).  
 
Ao final do obradoiro terá lugar a entrega a Rodrigo González Rouco, do  CPI Cova Terreña de Baiona, do primeiro Premio do concurso de deseño ao mellor slogan e representación gráfica sobre o bo uso das redes sociais entre adolescentes. O accésit correspondeu a Nekane García Rodríguez, do Colexio Vigo de Redondela.
 
XORNADA PARA PROFESIONAIS DA COMUNIDADE EDUCATIVA, INTERVENCIÓN SOCIAL E ESTUDANTES UNIVERSITARIOS E DE CICLO “2018: ENREDA NA REDE”
3 de maio
15.45 h.- 19.30 h.
Sede da Fundación Barrié, Cantón Grande 9
Actividade gratuíta previa inscrición
 
Xornada formativa que ten como obxectivo xeral  crear un espazo de formación e reflexión sobre o uso das redes sociais entre adolescentes e como inflúe nos centros educativos, para poder identificar condutas non apropiadas e aprender estratexias para modificalas, así como coñecer experiencias destacadas no ámbito do traballo do bo uso das novas tecnoloxías.
 
Tamén contará coa participación de Marc Masip Montaner, responsable do programa psicoeducativo contra a adicción ás novas tecnoloxías DESCONECTA, así como doutros profesionais vinculados a esta temática, como Laura Granados Parra, Técnica da área socioeducativa e e-inclusión da Fundación Esplai, ou Antonio Rial, profesor titular da área de metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Universidade de Santiago de Compostela e experto no uso das novas tecnoloxías por parte de menores.
 
Programa Ktorce 18
 
O obradoiro e a xornada enmárcanse dentro do Programa Ktorce 18, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA, de apoio á infancia e xuventude, con sede en Vigo, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado) e que chegou a máis de 20.000 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.  
 
A través de charlas divulgativas e outras actividades, o alumnado de 2º a 4º de ESO e os pais e nais coñecen aspectos descoñecidos desta lei como a cantidade de medidas impostas polos xulgados de menores, a complexidade da realidade de cada menor que delinque ou a responsabilidade colectiva con respecto ao tipo de sociedade que se constrúe e o comportamento que se potencia nela.
 
 
Máis información en:
 
Web: www.arela.org/
Facebook: www.facebook.com/asociacionarela
Twitter: @AsociacionARELA
 
Asociación ARELA
Rúa: Ernesto Lecuona, 11 baixo. 36205 Vigo
Persoa de contacto: Julio Barreiro González
Teléfono: 986 21 25 37