Inicio / Axenda / Acto de entrega Premio Illa Nova de Narrativa 2018

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Acto de entrega do Premio Illa Nova de Narrativa 2018

Sábado 14 de Abril de 2018

19:00-21:00

Sede Vigo

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié acolle na súa sede de Vigo o acto de entrega da 2ª edición do Premio Illa Nova de Narrativa 2018 para autores e autoras menores de 35 anos, organizado pola Editorial Galaxia co obxectivo de estimular a creación literaria.
O Premio Illa Nova de Narrativa nace 60 anos despois de que o fixese a colección Illa Nova. Era 1957 e a directiva de Galaxia onde estaban Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto, Domingo García Sabell, entre outros, deciden estimular á nova xeración de escritores e escritoras. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar "Nova Narrativa Galega". Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nace o Premio Illa Nova de Narrativa.  A Editorial Galaxia convoca a segunda edición do Premio Illa Nova de Narrativa coa mesma vontade de renovación.





PRÓXIMOS EVENTOS