BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "In petra, sub gratia: a monumentalización dos ciclos evanxélico e escatolóxico na arte románica"

O Pórtico da Gloria

Fundación Barrié/Fundación Catedral

Xoves 28 de Novembro de 2019

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Marta Poza
Profesora de Historia da Arte, Universidade Complutense
Título: In petra, sub gratia: a monumentalización dos ciclos evanxélico e escatolóxico na arte románica

Ciclo de conferencias Francisco Calvo Serraller Fundación Amigos del Museo del Prado 2019: Porque me viches, criches. O Novo Testamento na arte, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

Cando en 1099 Xerusalén cae en mans dos cruzados, Enrique de Werl, bispo de Paderborn, decide recrear os santos lugares nas montañas de Westfalia. Para iso transforma a antiga ermida de Externsteine nunha réplica do Santo Sepulcro, encargando así mesmo a talla dun relevo monumental do Descendemento sobre a rocha que fai de fachada natural do santuario rupestre. O exemplo alemán sérvenos para lembrar como, durante os séculos do románico, calquera soporte e técnica foron válidos para desenvolver amplos programas iconográficos e decorativos nos cales dende a simple narración secuencial do relato bíblico ata a manifestación máis poderosa da visión da fin dos tempos puxéronse ao servizo da fe e da doutrina. En ocasións tiveron un papel meramente docente; noutras, alimentaron a esperanza do peregrino en que acadaría con éxito a súa meta; sen esquecer aquelas imaxes de ámbitos máis restritivos, como os claustros, nos cales as escenas das súas tallas serviron como modelo de vida comunitaria. E, malia a universalidade da mensaxe evanxélica, a miúdo a opción pola recreación dunha pasaxe ou outra estivo determinada pola categoría do auditorio preferente de cada un dos relevos. Fálase de relevo porque o título da intervención alude de maneira expresa á pedra, á escultura monumental –in petra–, aínda que de ningún modo se debe esquecer que, xunto ás tallas, idéntico papel desempeñou a pintura mural.





PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •