BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "O Novo Testamento na pintura contemporánea, dende Picasso ata Bacon"

A Anunciación, Isabel Baquedano, 2007. Fundación Amigos do Museo do Prado, Madrid 2019

Fundación Amigos del Museo del Prado

Mércores 04 de Decembro de 2019

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Javier Barón
Xefe de Conservación de Pintura do Século XIX. Museo Nacional do Prado
Título: O Novo Testamento na pintura contemporánea, dende Picasso ata Bacon

Ciclo de conferencias Francisco Calvo Serraller Fundación Amigos del Museo del Prado 2019: Porque me viches, criches. O Novo Testamento na arte,  organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

A crecente secularización do mundo contemporáneo fixo que a arte relixiosa perdese a preponderancia que tivera no pasado. No entanto, no século XX tivo lugar un proceso de resignificación daqueles motivos, de xeito especial os do Novo Testamento. A radicalidade das ensinanzas de Cristo, a humanidade dos apóstolos, o atractivo da figura da Madalena e a valoración da maternidade na Virxe fixeron que algúns movementos de vangarda se interesasen polo Novo Testamento. Ademais, a ruptura co pasado e o sentido de “boa nova” implícito na palabra Evanxeo supoñían un claro paralelismo coa arte de vangarda, cuxo propósito era alumear un mundo novo. Despois dos precedentes de Van Gogh e Gauguin, que orientaron dun xeito orixinal a súa interpretación daqueles temas, foi o expresionismo o movemento que máis se interesou por eles. A valoración da mensaxe de Cristo como redención para os marxinados polo sistema fixo que os artistas o visen con interese. Con posterioridade o surrealismo utilizou as figuras do Novo Testamento cun sentido transgresor. Trala Segunda Guerra Mundial, a busca dunha figuración exasperada pola dor recorreu a miúdo a imaxes cristolóxicas, particularmente á Crucifixión, como expresión do sufrimento extremo.





PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •