Piteas

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar: educaBarrié / Piteas

Piteas

Formación do profesorado no desenvolvemento do Talento

PITEAS, promovido pola Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a participación da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela, nace como un proxecto de mellora da formación do profesorado e de apoio e asesoramento aos centros educativos na detección e educación do talento de alumnas e alumnos. Trátase dun programa baseado en modelos científicos recoñecidos a nivel internacional e convenientemente adaptados á realidade educativa, económica e cultural da Comunidade Autónoma de Galicia.

PITEAS existe debido á necesidade de tomar conciencia do papel fundamental que xoga o profesorado na promoción do talento e o desenvolvemento da sociedade. Unha das características comúns que teñen os mellores sistemas educativos do mundo é que os profesores supoñen un rol central como facilitadores da aprendizaxe. Parece lóxico pensar que dotar os profesores das ferramentas científicas e pedagóxicas axeitadas é o mellor punto de partida á hora de tratar de atender a diversidade presente en cada unha das aulas e que estes modelos e metodoloxías educativas teñan acollida nos programas dos centros educativos.

Por estas e outras razóns, nace un programa de formación docente e apoio a centros educativos como PITEAS, en que se combinan os compoñentes máis vantaxosos de diferentes teorías e experiencias sobre optimización do talento, e establécese como unha medida de intervención poderosa para facer fronte ás necesidades idiosincrásicas do noso sistema educativo.

A formación do profesorado que inclúe PITEAS busca axudar os profesores a desenvolver programas dos que se beneficie toda a clase e todo o centro. Con este modelo atendemos a diversidade de capacidades no seu conxunto, na procura de optimizarmos o proceso de ensinanza e aprendizaxe respectando a individualidade dos alumnos e alumnas, e favorecendo a totalidade do alumnado. Defende, en definitiva, un troco do plan docente cara á positivización das posibilidades do alumnado.
 
A filosofía SEM (School Enrichment Model), a investigación e a ciencia, a oratoria, o debate e a comunicación serán algunhas das liñas de traballo por proxectos do profesorado dos centros educativos participantes en PITEAS no período 2016-2020.
Os centros educativos de Galicia que participarán neste período do programa PITEAS son:

CEIP Ben-Cho-Shey Ourense Pereiro de Aguiar
CPR CPR Eduardo Pondal Pontevedra Cangas
CEE CEE de Panxón Pontevedra Nigrán
CPR CPR  A Grande Obra de Atocha A Coruña A Coruña
CPR CPR Plurilingüe la Inmaculada A Coruña Santiago de Compostela
 CEIP  CEIP Carballal Pontevedra Marín
IES IES A Xunqueira II* Pontevedra Pontevedra
IES IES Arcebispo Xelmirez II Santiago de Compostela A Coruña
 


Xornada formación Piteas 2016


Nota prensa Piteas 2016

CONTIDOS RELACIONADOS