OlimpiADN

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar / OlimpiADN

OlimpiADN

Proxecto didáctico

OlimpiADN é un proxecto didáctico innovador de Ciencias para o achegamento dos alumnos á xenética e máis especificamente ao estudo da molécula do ADN. Está destinado a mellorar o coñecemento da estrutura, funcionamento e aplicacións do ADN no alumnado de 2º Ciclo de ESO e Bacharelato.

O ADN é a substancia química onde se almacenan as instrucións que dirixen o desenvolvemento e o funcionamento dun organismo vivo. O ADN transmítese ademais de xeito hereditario de pais a fillos e constitúe un elemento de vital importancia na ciencia actual, permitindo establecer relacións entre familiares, identificar especies e individuos ou entender como se orixinan as enfermidades e como poder previlas ou loitar contra delas. Por todo iso, o ADN coñécese como a "molécula da vida" e o seu estudo é vital para entendermos o que nos arrodea, o que somos e como funcionan os seres vivos.


Ficha OlimpiADN

CONTIDOS RELACIONADOS