Obradoiros DIVULGAMENTE

Obradoiros didácticos no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer

Proxecto de sensibilización interxeracional, impulsado pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia, que ten como obxectivo amosar dun xeito próximo e dinámico que son as demencias, como afectan o cerebro e as diferentes demencias existentes, achegando aos máis novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.
 
A quen se dirixe
Ao estudantado de Bacharelato e de FP da rama sociosanitaria das localidades de A Coruña, Pontevedra y Viveiro. 
 
Actividades incluídas en cada obradoiro 
 
1ª Charla divulgativa en formato online “Coñecer mellor o Alzheimer”, impartida polo Neurólogo Carlos Spuch, quen explicará, de forma dinámica e contextualizada na actual situación sanitaria e social, que son as demencias, porqué prodúcense e cal é a diferenza entre os diferentes tipos de demencias, entre outros temas.

2ª Xornada de sensibilización na aula na que profesionais da asociación de referencia na localidade acoden ao centro educativo (no caso de non ser posible a realización presencial da actividade, realizaríase en formato online) a explicar as actividades, terapias e protocolos que se realizan desde as asociacións para atrasar o avance da enfermidade e mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias.

3ª Na última actividade, o alumnado fará unha visita a un centro de día de Alzheimer a través dunha conexión telemática en directo que lles permitirá ver e coñecer un centro especializado en demencias e as actividades que se realizan no mesmo, sendo partícipes das mesmas durante a visita.

A selección dos centros educativos participantes nos talleres realizarase por orde de inscrición a través do formulario habilitado nesta páxina. No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, estas seleccionaranse conforme ao criterio da Federación Alzheimer Galicia.

Prazo de solicitude: 23 de novembro ao 4 de decembro de 2020 (PECHADO)
Datas de actividade: decembro 2020 a marzo 2021