Inicio / Sala de prensa / Nota de prensa Máis Social Transparencia

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A Fundación Barrié celebra na súa sede da Coruña unha xornada e un obradoiro sobre “Transparencia e bo goberno"

18-01-2016

  • En liña co seu compromiso coa transparencia e a excelencia na xestión, que promove desde o programa Máis Social, a Fundación Barrié pon en marcha, en colaboración coa Fundación Lealtad, “Máis Social Transparencia” que, dirixido ás entidades sociais galegas ten como obxectivo que estas coñezan as fortalezas asociadas á xestión transparente, contribuíndo así á súa profesionalización.

 

  • Consta de dúas actividades, a Xornada  “Transparencia e bo goberno. Elementos clave na sostibilidade das entidades” e o Obradoiro “Implementando os principios de transparencia e boas prácticas”, que se celebrarán na Coruña os días 3 e 24 de febreiro, respectivamente.  

  • A Coruña, 18 de xaneiro de 2016.-  O próximo 3 de febreiro celebrarase na sede da Fundación Barrié da Coruña a xornada “Transparencia e bo goberno. Elementos clave na sostibilidade das entidades”. 
     
    Trátase da primeira das actividades integradas en Máis Social Transparencia, un novo servizo de valor engadido dentro do Programa Máis Social, que ten como obxectivo fomentar os principios de transparencia e boas prácticas entre as entidades sociais galegas, e que se desenvolverá en colaboración coa Fundación Lealtad ao longo do mes de febreiro.
     
     
    o   XORNADA “TRANSPARENCIA E BO GOBERNO. ELEMENTOS CLAVE NA SOSTIBILIDADE DAS ENTIDADES”
     
    Facilitaranse pautas e exemplos prácticos para a posta en marcha de plans de mellora da transparencia adaptados ás entidades do Terceiro Sector Social.
     
    Na xornada participarán dous especialistas da Fundación Lealtad, Mercedes Guinda, Directora de Marketing e Comunicación, e Carolina Jiménez, Directora de Análises. Así mesmo, dúas entidades sociais galegas ASPANAES – Asociación de pais de persoas con Trastorno do Espectro Autismo da Coruña e a COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL transladarán aos asistentes a súa experiencia na aplicación dos Principios de Transparencia e Boas Prácticas na súa organización, así como as melloras que supuxeron no seu goberno e na súa xestión.
     
    Data: 3 de febreiro
    Prazo de solicitude: 11 xaneiro - 1 febreiro
    Actividade gratuíta previa inscrición
     
     
    o   OBRADOIRO “ IMPLEMENTANDO OS PRINCIPIOS DE TRANSPARENCIA E BOAS PRÁCTICAS” 
     
     

    Este obradoiro, conducido por dous especialistas da Fundación Lealtad, ten como obxectivo reflexionar coas entidades sociais sobre os Principios de Bo Goberno, Transparencia e Boas Prácticas da Fundación Lealtad e a súa aplicación directa nas propias organizacións, constituíndo unha folla de ruta para a avaliación das organizacións.
     

     

    Trala súa asistencia ao obradoiro, as entidades poderán completar un formulario de auto diagnose que será revisado polo equipo de Análise da Fundación Lealtad, e que permitirá identificar as áreas susceptibles de mellora na xestión.

     
    Data: 24 de febreiro
    Prazo de solicitude: 4-18 de febreiro
    20 prazas (imprescindible ter participado na Xornada)
    Actividade gratuíta previa inscrición aquí.
     
     

 
Máis Social fortalecemento e profesionalización das entidades sociais galegas
 
O programa Máis Social da Fundación Barrié ofrece recursos, medios e estratexias que contribúen a optimizar a xestión das entidades sociais de Galicia, priorizando a súa captación de recursos. O seu obxectivo final é contribuír á orientación futura do Terceiro Sector, clave para o desenvolvemento social, e promover un modelo de acción social economicamente sostible.
 
A Fundación Lealtad
 
Institución sen ánimo de lucro pioneira en España, que foi constituída en 2001. A Fundación ofrece a particulares e empresas información independente, obxectiva e homoxénea sobre as ONG para axudalos a decidir con que ONG colaboraren e orientalos para facer un seguimento da súas doacións. Esta información baséase nas análises de transparencia e boas prácticas que a Fundación realiza a aquelas ONG que voluntariamente o solicitan.
 
 
http://massocial.fbarrie.org
www.fundacionbarrie.org
http://www.fundacionlealtad.org
 

RECURSOS DISPONIBLES