BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Funcións teatrais co gallo do Día das Letras Galegas 2017: "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", de Carlos Casares

Mércores 31 de Maio de 2017
Xoves 01 de Xuño de 2017
10:00-11:00 y 12:00-13:00

Sede A Coruña


Venres 02 de Xuño de 2017
10:00-11:00 y 12:00-13:00

Sede A Coruña


A Fundación Barrié programa para centros educativos de toda Galicia na súa sede da Coruña, co gallo dos actos de celebración arredor do Día das Letras Galegas 2017 dedicado a Carlos Casares, funcións teatrais da súa obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas a cargo da compañía artística Katarsis e dirixida pola actriz Estíbaliz Veiga.

Funcións Escolares

  • Para nenos e nenas de 10 a 16 anos
  • 31 de maio e 1 e 2 de xuño de 2017
  • 1ª sesión ás 10.00 hs.    2ª sesión ás 12.00 hs.  (50´ cada sesión)

Actividades gratuítas previa reserva chamando ao tlfno.: 981 060 095
De martes a venres de 12.00h a 14.00h e de 18.00h a 20.00h 

HISTORIA

Galardoada en 1973 co I Premio de Literatura Dramática para a Infancia e a Mocidade da Agrupación Cultural ‘O Facho”, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas está considerada como unha das principais contribucións de Carlos Casares ao ámbito da literatura infantil e xuvenil.  
 
No espectáculo intégrase o conto de Casares A galiña azul, así como textos doutras obras súas. A única obra dramática de Casares foi estreada polo grupo teatral O Facho na clausura da I Mostra de Teatro Galego que se realizou en Ribadavia o 27 de maio de 1973. Tamén se presentou na Coruña, a cargo do mesmo grupo, os días 2 e 9 de xuño, e o 6 de agosto, na Rúa (Ourense), a cargo do grupo Os Cigurros. Pero ademais das veces nas que foi posta en escena por grupos profesionais, foron tamén moitas as representacións levadas a cabo por nenos e nenas de centros de ensino, ao tratarse dunha peza referencial do teatro infantil galego. A primeira edición de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas foi publicada pola editorial Galaxia no Nadal de 1973, con ilustracións realizadas por Luís Seoane, un dos grandes renovadores da plástica galega. 
 
ESTILO

Trátase dunha historia fantástica, que inaugura o teatro destas características na literatura infantil galega. De feito afirmaba o seu autor que a peza era “un disparate continuo de movemento e fantasía”. Herdeira do nonsense e do surrealismo, provoca a risa e induce curiosidade e expectación, sentimentos que van paseniño aumentando na medida en que se amorean os acontecementos. Enlázanse conversas absurdas, comportamentos estrafalarios, esaxeracións ao límite, personificación de animais ou animación de obxectos, sempre á beira do cotián, rozando a normalidade. 
 
SINOPSE

Escrita nun único acto e localizada no ambiente rural galego, a historia comeza co nacemento de cinco laranxas xigantes e moi estrañas no limoeiro da horta da casa de Elías e Anxa. Unha delas estoura cando o amo da casa a toca. Co estrondo do estoupido acoden os veciños, e a partir de entón comezan a ocorrer anécdotas insólitas, ilóxicas, mesmo disparatadas, absurdas, pero divertidas, protagonizadas polos donos da horta: o Veciño da Escopeta, o Gordo ou Toneladitas, a Veciña Sabida, a Desdentada, o Ovo ou a galiña Petra. 
 
POSTA EN ESCENA

Partimos das declaracións do propio autor, nas que a obra se concibe como un disparate de movemento e fantasía. Deste xeito o espazo escénico estará definido polo construtivismo, onde os elementos escénicos son un actor máis, podendo ser manipulados coma monicreques. Así, podería ser a aira da casa de calquera vila galega.
 
Con esta versión, adaptada e dirixida pola actriz Estíbaliz Veiga, achegámonos á xuventude dos nosos tempos a través da busca de asimetrías na estética que determinará tanto o movemento dos actores no escenario coma o seu vestiario: un estilo clown con algúns arquetipos ambientados nos oitenta e na estética punk.
 
ELENCO
 
ELÍAS----------------------------------------  Fernando Tato
ANXA----------------------------------------   Lúa Testa
VECIÑO DA ESCOPETA-----------------     Armando Soneira
VECIÑO LONGO (ALTURITAS)--------     Xosé Leis
VECIÑA DESDENTADA E SABIDA-----    Érica González
GALIÑA PETRA----------------------------- Érica González





PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •