BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Aberto prazo de inscricións a actividades didácticas co gallo da exposición "Norman Parkinson: sempre con estilo" baixo o título TECNOLOXÍA ENTRE COSTURAS PARA A MODA DO FUTURO

Mércores 31 de Xullo de 2019
Domingo 19 de Xaneiro de 2020

ACTIVIDADES DIDÁCTICAS

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Require inscrición

Enlace aquí

A Fundación Barrié acolle, en primicia para España, a exposición retrospectiva Norman Parkinson: sempre con estilo. A exposición foi comisariada por Terence Pepper, que foi Comisario de Fotografía na National Portrait Gallery de Londres durante máis de 40 anos e ofrece unha xenerosa retrospectiva da influente carreira de Parkinson, amosando 80 fotos que reflicten a transformación da moda feminina e que contribuíron a dar forma ao modo en que esta se comunicou ao público durante varias décadas.

Co gallo da exposición, a Fundación Barrié organiza actividades didácticas coas que os participantes se imaxinarán como será a moda do futuro. Para iso, achegaranse a novos territorios de expresión e entrarán en contacto con procesos emerxentes de creación que vinculan moda e tecnoloxía. Axudados de dispositivos dixitais educativos poderán crear as súas propias fotografías luminosas ou accesorios de moda interactivos. En xeral, traballarán coa ferramenta Scratch e a placa Makey Makey. No desenvolvemento dos proxectos adquirirán coñecementos de electrónica básica e programación, e exercitarán destrezas manipulativas como coser, debullar, cortar ou pegar.

Esta proposta distínguese pola súa aposta polo enfoque pedagóxico STEAM. É dicir, pola incorporación da arte e do deseño no eixo central de STEM. Con este enfoque metodolóxico preténdese fomentar o pensamento crítico dos participantes. Así mesmo, que estes adquiran habilidades e coñecementos para innovar, imaxinar e solucionar problemas futuros vinculados ao téxtil e á moda. Cada actividade, combina unha breve visita guiada e despois unha actividade “de obradoiro” relacionada coas fotografías que viron.






ETIQUETADO EN: EXPOSICIÓN  ,  FOTOGRAFÍA  ,  NORMAN PARKINSON  ,  MAKEY MAKEY  ,  MODA

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •