Atlas lingüístico galego VI: Léxico. Terra, plantas e árbores

O presente volume ocúpase do léxico da terra como espazo natural, das plantas e das árbores. O material sobre o que se elaboraron os mapas que integran este volume está constituído polas 167 enquisas realizadas en todo o territorio de fala galega entre os anos 1974 e 1977 por Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González. No 2008 repetíronse as enquisas dos puntos C.30, C.35 e C.44 para completar datos do presente volume, e no 2009 tamén se completaron datos de C.29 e L.314. A información que compón este volume procede do apartado «Accidentes topográficos. O espazo e as súas relacións», que é o II da sección de léxico do cuestionario (desde a pregunta 665 á 763), e mais do apartado «Plantas», que é o V (tivéronse en conta as preguntas comprendidas entre a 1.136 e a 1.203 e entre a 1.248 e a 1.355), aínda que se engadiron algúns datos soltos procedentes doutras seccións do cuestionario.

Directores: Constantino García y Antón Santamarina; Investigadores: Mª Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández del Rei y Manuel González González

Biblioteca Filolóxica Galega

A Coruña, 2015
Tomo VI: Léxico. Terra, plantas e árbores
ISBN: 978-84-9752-100-0 (volumen VI)
734 páginas
Rústica
Tamaño: 24 x 34 cm

Puede adquirir el atlas aquí