Conversas con Manuel Gallego

Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Conversas con Manuel Gallego

Conversas con Manuel Gallego

Ciclo de charlas-coloquio arredor da exposición Manuel Gallego. Arquitectura 1967-2015

A Fundación Barrié acolle na súa sede da Coruña, no marco das actividades paralelas á exposición Manuel Gallego. Arquitectura 1967-2015, entre os meses de marzo e abril, tres mesas-debate con formato de charla nas que escritores, xornalistas, arquitectos e cineastas conversan con Manuel Gallego arredor do seu ideario e da súa obra, nun coloquio aberto ao público. Os falantes expoñen durante 15-20 minutos cada un unha presentación verbo do tema elixido en cada xornada, para, deseguido, desenvolver unha conversa con Manuel Gallego Jorreto. As charlas, con intervención do público ao final, non van tratar sobre ningunha obra determinada, senón sobre conceptos xerais plantexados: interesa debater, reflexionar sobre os temas formulados polo autor presentes como preocupación metodolóxica en toda a obra do arquitecto galego e Premio Nacional de Arquitectura (1997), e cruciais para elaborar o seu pensamento.

PROGRAMA

A CORUÑA (2016)

31 marzo:  Sobre o local e o global na creación da arquitecturacon Alexandre Alves Costa e Sergio Fernández, arquitectos.
 
1 abril:  Sobre a importancia da idea e do contexto na creacióncon Manuel Rivas, escritor, e José Luis Cuerda, director de cine.

8 abril:  Sobre o presente e o futuro da Arquitectura Contemporánea Españolacon Miguel Ángel Baldellou, arquitecto, Javier Armesto, periodista, e Fredy Massad, arquitecto e crítico.


Conferenciantes

VIDEO

Conversas con Manuel Gallego (I)

Fundación Barrié

Conversas con Manuel Gallego (III)

Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS