Inicio / Concerto: Orquestra de Cámara Galega

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Concerto da Orquestra de Cámara Galega

Xoves 13 de Decembro de 2018

20:00

Sede A Coruña

Aforo limitado

Aberto ao público

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña, un ano máis, un concerto a cargo da Orquestra de Cámara Galega cun programa pensado para todos os públicos cun claro carácter divulgativo mediante obras dalgún dos máis representativos compositores da música clásica de todos os tempos.

Nesta ocasión, gozaremos cunha obra homenaxe verbo do noso máis universal personaxe literario, Don Quixote, nunha fermosa Suite que fai un percorrido absolutamente descritivo dalgunha das súas fazañas.
Ademais de Telemann, a Orquestra de Cámara Galega interpretará unha obra de Sibelius de sublime beleza que nos transportará á súa Finlandia natal e completará o concerto con obras de Corelli e Mozart.

PROGRAMA

CONCERTO GROSSO OP. 6 NO. 1
EN RE MAIOR

Arcangelo Corelli
I. Largo – Allegro
II. Largo – Allegro
III. Largo
IV. Allegro
V. Allegro

DIVERTIMENTO EN FA MAIOR,
K.138/125C

Wolfgang Amadeus Mozart
I. Allegro
II. Andante
III. Presto

IMPROMPTU PARA ORQUESTRA
DE CORDAS

Jean Sibelius

SUITE DON QUIXOTE PARA ORQUESTRA
EN SOL MAIOR, WV 55 - G 10

Georg Philipp Telemann
I. Obertura
II. O espertar de Don Quixote
III. Ataque aos muíños de vento
IV. Os suspiros por Dulcinea
V. O manteo de Sancho Panza
VI. O galope de Rocinante e o asno de Sancho
VII. O lecer de Don Quixote

Duración aproximada: 75 minutos.



PRÓXIMOS EVENTOS