BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


II Xornadas Galegas de Portas Abertas: Terapias actuais e de futuro na enfermidade de Parkinson

Xoves 04 de Abril de 2019

09:00-14:00 y 16:00-18:15

Sede A Coruña

Aforo limitado

O próximo 04/04 a Asociación Párkinson Galicia – Coruña e a Fundación Curemos o Párkinson organizan as “II Xornadas Galegas de Portas Abertas: terapias actuais e de futuro na enfermidade de Parkinson”.
O obxectivo desta iniciativa é achegar a pacientes, familiares, profesionais sanitarios e estudantes de ramas vinculadas ao Párkinson, as diferentes terapias que existen actualmente ou as que están por chegar relacionadas coa enfermidade (beneficios, contraindicacións, métodos de aplicación...). Hai tres grandes bloques:
- Terapias de segunda liña: falaremos da duodopa, da bomba de apomorfina, do HIFU e da cirurxía.
- Tratamentos farmacolóxicos actuais e en fase de investigación.
- Medicación e alimentación: falaremos sobre a importancia dunha boa alimentación na enfermidade.

A asistencia é gratuíta pero é IMPRESCINDIBLE a inscrición previa. Podes facelo chamando ao 981 241 100 ou enviando un email a info@parkinsongaliciacoruna.org indicando o teu nome, apelidos e teléfono de contacto.
Podes descargar o programa aquí: https://bit.ly/2CkCWpw

Máis info:
https://bit.ly/2F0dGWh
https://bit.ly/2W1N8uO









PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •