Inicio / Educación / Formación do talento de posgrao / Bolsas de Posgrao no Estranxeiro 2017 / FAQ’s

Bolsas de posgrao no estranxeiro

Preguntas frecuentes

Pregamos que antes de contactardes connosco vía email, comprobedes se a vosa pregunta xa está respondida en Preguntas máis frecuentes.

Cuestións Xerais

1. Cantas bolsas se convocan nesta edición?
A convocatoria actual ten prevista a concesión de 10 bolsas para a realización de estudos de Máster.
2. Cal é o prazo de presentación de solicitudes?
A plataforma de presentación de solicitudes para a realización de estudos de máster estará aberta desde o 4 de decembro de 2015 ata o 15 de febreiro de 2016, ás 10:00 horas (hora peninsular).
3. En que país de destino se poden desfrutar as bolsas?
As bolsas pódense desfrutar en calquera centro de referencia internacional que se encontre fóra do Estado Español. Os solicitantes deberán ter en conta que terán que completar no estranxeiro todos os cursos ou créditos dos estudos.
4. Presenteime a convocatorias anteriores pero non obtiven a bolsa. Teño menos posibilidades se me presento a unha nova convocatoria?
Non. O feito de terse presentado a convocatorias anteriores non é un factor que se teña en consideración á hora de avaliar solicitudes.
5. Xa cursei un Máster. Podo solicitar unha bolsa para realizar un segundo Máster?
Si, sempre que se trate de estudos de Máster en modalidade presencial, continua, diurna, a tempo completo e exclusivamente no estranxeiro. 
6. Podo solicitar a bolsa para realizar un Máster a tempo parcial ou en modalidade on-line?
Non. As bolsas son exclusivamente para estudos e estadías presenciais, a tempo completo, e dedicación plena. Por tanto, os programas de estudos en modalidade a distancia, virtual, en liña, de tempo parcial ou semipresencial quedarán excluídos da convocatoria. 
7. A partir de cando podo comezar a desfrutar a bolsa?
O comezo efectivo da bolsa establecerase segundo o calendario do programa de estudos do centro de destino. En calquera caso, os candidatos que obteñan a bolsa deberán incorporarse ao centro de destino durante o curso académico 2016-2017.
8. Que duración teñen as bolsas?
As bolsas para realizar estudos de Máster concédense por un curso académico, prorrogable por un segundo curso cando a duración dos estudos así o requira. Como principio xeral, a duración das bolsas para realizar estudos de Máster, incluída a prórroga, non poderá ser superior a dous cursos académicos.
9. Que cubre a bolsa no caso dos estudos de máster?

Gastos de inscrición e matrícula no centro de destino, sen límite de importe. O importe da matrícula debe ser indicado polo candidato no apartado correspondente do formulario de solicitude. Aboaranse exclusivamente as cantidades incluídas no importe indicado en dito apartado.

Dotación inicial de 2.600 euros brutos para gastos de transporte, instalación, asistencia a seminarios, libros e outros.

Asignación mensual de 1.600 euros brutos en concepto de aloxamento, mantenza e gastos adicionais.

Seguro de accidente e enfermidade cando os países de destino non teñan concerto coa Seguridade Social española ou cando as coberturas foran insuficientes.

10. Como podo calcular os gastos de inscrición e matrícula
Para poder calcular o custo dos gastos de inscrición e matrícula é importante confirmar a exactitude desa cifra co centro ou centros de interese con adianto ao envío da solicitude. O importe debe corresponder ao curso 2016-2017. As cantidades máximas que se aboarán en concepto de inscrición e matrícula serán estritamente as que se reflicten no apartado correspondente do formulario de solicitude.
11. No caso que a duración dos estudos sexa superior a un curso académico, podería contar con que a bolsa se renovase automaticamente ata un segundo curso?
Non. As prórrogas para un segundo curso deberán solicitarse por escrito á Fundación Barrié. Dita solicitude, debidamente xustificada, deberá ir acompañada dunha memoria do traballo realizado, un certificado das notas do primeiro curso, unha copia do certificado de inscrición, un Currículum Vitae actualizado e dúas cartas de apoio remitidas polo centro de estudos onde o bolseiro estea matriculado. 
12. A bolsa é compatible con outras bolsas ou axudas?
Como norma xeral, desfrutar de calquera tipo de bolsa, axuda ao estudo ou posto de traballo remunerado (tanto na administración pública como na empresa privada), sen autorización previa da Fundación Barrié, será causa de incompatibilidade e poderá concluír coa revocación da bolsa. Os solicitantes deberán solicitar autorización á Fundación Barrié da percepción de calquera tipo de ingreso. En función da contía a percibir, a Fundación Barrié procederá a autorizar a compatibilidade total ou parcial coa dotación mensual da bolsa, podendo minorarse a asignación desta última.
13. O Máster para o que solicito a bolsa inclúe un período de prácticas remuneradas. No caso de obtela, poderei compatibilizala cos ingresos destas prácticas?
A Fundación Barrié decidirá sobre a compatibilidade total ou parcial coa dotación mensual da bolsa, podendo minorarse a asignación desta última.
14. A empresa para a que traballo finánciame parte do Máster para o que solicito a bolsa. No caso de obtela, poderei compatibilizala coa axuda que achega a miña empresa?
Non. En ningún caso poderá percibirse calquera tipo de financiamento, presente ou futuro, en relación cos estudos a realizar ou realizados, por parte da empresa para a que presta os seus servizos no momento de presentación da solicitude da bolsa ou por parte doutra organización.
15. O estado civil do bolseiro ou os cambios no número de dependentes económicos directos que acompañen ao bolseiro ao país en onde realizará os seus estudos supoñen un incremento da dotación económica da bolsa?
Non. O estado civil do bolseiro ou os cambios no número de dependentes, non modificarán a dotación económica da bolsa, que en ningún caso cubrirá os gastos de desprazamento e sostemento do cónxuxe e/ou dependentes que acompañen ao bolseiro. 

Presentación de solicitudes

1. O ano pasado xa presentei unha solicitude. Podería recuperar os datos que introducín naquela ocasión?
Non. Por política de protección de datos, a documentación remitida por solicitantes que non fosen seleccionados en anteriores convocatorias é destruída.
2. Podo enviar toda a documentación ou parte dela por correo (ordinario e/ou electrónico)?
Non. A documentación deberá incorporarse á plataforma de Bolsas Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié. En ningún caso aceptarase documentación enviada fóra da plataforma electrónica.
3. Podo tramitar a miña solicitude se na data de peche da convocatoria non dispoño dalgún documento e me comprometo a envialo uns días máis tarde?
Non. Toda a documentación deberá achegarse á plataforma en formato electrónico dentro do prazo de presentación de solicitudes. As solicitudes presentadas con documentación incompleta serán declaradas “fóra de bases” e non entrarán no proceso de selección.
4. Non teño a nacionalidade española. Hai algunha posibilidade de que acepten a miña solicitude?
Non. Os solicitantes da bolsa deberán ter a nacionalidade española, acreditada mediante a presentación do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Pasaporte.
5. Nacín en Galicia pero actualmente resido no estranxeiro. Podo solicitar a bolsa?

Si. Os solicitantes da bolsa deberán ter un vencello con Galicia. En consecuencia, poderán solicitar a bolsa exclusivamente aqueles candidatos que reúnan, polo menos, unha das seguintes condicións:

  • Candidatos nados na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Candidatos con, polo menos, un proxenitor nado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Candidatos empadroados en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia como mínimo 2 anos inmediatamente anteriores á data de apertura da convocatoria.
6. Non teño vinculación con Galicia pero o meu cónxuxe é galego/a. Podo solicitar a bolsa?

Non. A vinculación con Galicia unicamente contempla as seguintes condicións:

  • Candidatos nados na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Candidatos con, polo menos, un proxenitor nado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Candidatos empadroados en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia como mínimo 2 anos inmediatamente anteriores á data de apertura da convocatoria.
7. Realicei ou encóntrome realizando os estudos universitarios nunha das 3 universidades galegas. Podo solicitar a bolsa?
Si, sempre que a vinculación con Galicia estea acreditada mediante a presentación do DNI, libro de familia e/ou certificado de empadroamento.
8. Podo solicitar unha bolsa se estou cursando o último ano de grao ou licenciatura?
Si. Os candidatos que se encontren cursando o seu último ano durante o curso académico 2015-2016 poderán solicitar unha bolsa, aínda que a súa concesión quedará condicionada á acreditación de obtención do título na convocatoria de exámenes de xuño / xullo de 2016.
9. Podo solicitar unha bolsa se realicei os estudos de grao ou licenciatura nunha universidade estranxeira?
Si, sempre que o título se encontre debidamente homologado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
10. Estou tramitando a homologación do título. Podo solicitar a bolsa?
Si, sempre que antes da data de cerre de convocatoria se acredite dita homologación.
11. Podo achegar como acreditación do meu expediente a relación de notas á que teño acceso desde a Intranet da miña Universidade?
Si, sempre que dita certificación académica conteña unha relación de todas as materias cos seus créditos, as cualificacións obtidas, a convocatoria destas, así como a nota media do expediente completo. En calquera caso, a Fundación Barrié poderá requirir a todo solicitante, en calquera momento do proceso, a presentación dos orixinais de todos os documentos acreditativos que adxuntase na súa solicitude.
12. Debo de estar admitido no centro de estudos para solicitar bolsa?
Non cómpre ter solucionada a admisión no momento de presentar a solicitude, pero é estritamente obrigatorio tela solicitado.
13. Como acredito a petición de admisión no centro de destino?
A petición deberá acreditarse no momento de envío da solicitude, mediante a presentación da copia do correo electrónico emitido polo centro de destino que confirme a recepción da solicitude de praza.
14. Debo ter experiencia profesional previa para solicitar bolsa?
Depende do programa para o que se realice a solicitude. Os solicitantes da bolsa para cursar estudos Máster de Administración de Empresas (MBA) deberán acreditar documentalmente (a través do informe de vida laboral) que na data de peche da convocatoria posúen a experiencia laboral mínima esixida polo centro de estudos de destino, que en ningún caso será inferior a 2 anos a dedicación exclusiva.
15. Como podo obter o informe de vida laboral?
O informe de vida laboral pode obterse de forma gratuíta a través da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
16. Hai algunha posibilidade de presentar a certificación de idiomas con posterioridade á data de peche da convocatoria?
Non. O nivel de idioma deberá acreditarse necesaria e inexcusablemente antes da data de peche da convocatoria e deberá ser, como mínimo, equivalente ao nivel B2 do Marco Europeo de Referencia para as linguas. No caso que o centro de destino requira unha certificación específica de idiomas, deberá ser achegada no momento de enviar a solicitude.
17. Xa teño a admisión no centro de estudos de destino. Admitíronme cun nivel de idioma inferior ao que se esixe na convocatoria. Aínda así, debo presentar a certificación esixida nas bases?
Si. O coñecemento de idioma deberá acreditarse necesaria e inexcusablemente co nivel mínimo esixido nas bases da convocatoria, equivalente ao nivel B2 do Marco Europeo de Referencia para as linguas.
18. Debo presentar a certificación de nivel de idiomas se vivín, estudado e/ou traballado durante varios anos en países onde o idioma oficial é o esixido nas bases da convocatoria?
Si. Todos os solicitantes deberán acreditar inexcusablemente o coñecemento do inglés e do idioma de traballo do centro de estudos de destino, cando dito idioma non sexa o inglés. As candidaturas que non presentasen dita certificación serán rexeitadas ao longo do proceso de preselección. No caso que o centro de destino requira unha certificación específica de idiomas, deberá ser achegada no momento de formalizar a solicitude.
19. Estudei Filoloxía Inglesa / Tradución e Interpretación en inglés / idioma de traballo do centro de destino. Debo presentar igualmente algunha das acreditacións de nivel de idiomas que figuran nas bases da convocatoria?
Si. Todos os solicitantes deberán acreditar inexcusablemente o coñecemento do inglés e do idioma de traballo do centro de estudos de destino, cando dito idioma non sexa o inglés. As candidaturas que non presentasen dita certificación serán rexeitadas ao longo do proceso de preselección. No caso que o centro de destino requira unha certificación específica de idiomas, deberá ser achegada no momento de formalizar a solicitude.
20. Dispoño da certificación de nivel de idiomas esixida nas bases da convocatoria, pero xa caducou. Teño que acreditar o meu nivel cun certificado vixente?
Non. Poderá presentarse a certificación caducada, sempre que ésta corresponda, como mínimo, ao nivel de idioma esixido nas bases da convocatoria. En calquera caso, se o centro de destino require unha certificación específica de idiomas, esta deberá estar vixente no momento de enviar a solicitude.
21. Hai aspectos do meu currículo académico ou profesional que non podo acreditar con ningún documento. Podo, de todos modos, informar deles na solicitude?
Non. Todos os méritos citados no formulario de solicitude deberán xustificarse documentalmente antes da data de peche do prazo de presentación de solicitudes. Os méritos citados que non se xustifiquen documentalmente non serán puntuados.

Proceso de selección

1. Establécese algún tipo de cotas por especialidades académicas no proceso de selección?
Non. As bolsas serán asignadas equitativamente.
2. Non podo asistir á hora á que fun convocado para realizar a entrevista. Podo realizala por teléfono?
Non. As entrevistas teñen carácter presencial, polo que non poderán realizarse por teléfono ou por outro medio audiovisual. No caso de que non sexa posible acudir á hora exacta á que se foi convocado, o candidato deberá pórse en contacto co Departamento de Bolsas da Fundación Barrié á maior brevidade posible.
3. Que duración ten a entrevista?
As entrevistas terán unha duración aproximada de 45 minutos.
4. Podo presentar documentación adicional durante a entrevista?
Non. O formulario de solicitude on-line permite adxuntar todo tipo de documentación adicional, polo que en ningún caso se poderá presentar durante a celebración da entrevista.
5. Non obtiven a bolsa. Podo apelar a decisión do Tribunal de Selección?
Non. A decisión do Tribunal de Selección sobre a proposta será definitiva e inapelable. En consecuencia, os candidatos comprometeranse a aceptar, sexa cal for, a decisión do Tribunal de Selección.
6. Podo solicitar á Fundación Barrié as causas polas cales a miña solicitude non superou a fase de preselección ou selección?
Non. A Fundación Barrié non dará información sobre os resultados do Comité de Preselección nin do Tribunal de Selección.
7. Podo saber quen avaliou a miña candidatura?
Non. A Fundación Barrié non dará información sobre a identidade das persoas que avaliarán as candidaturas nin sobre a composición dos Tribunais de Selección.