BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Capacitación de Xestores de Transferencia

Luns 09 de Decembro de 2019
Venres 13 de Decembro de 2019

Sala 2 da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela.

Aforo limitado

Require inscrición

Enlace aquí

Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié desenvolven esta iniciativa de forma conxunta, dando continuidade ao labor da Fundación Barrié na formación de xestores de transferencia, co obxectivo de avanzar cara a un cambio de cultura dentro da carreira investigadora e estimular o achegamento dos investigadores a actividades de transferencia e emprendemento.
 
O “Programa de acreditación RTTP 2019-2021”, que se estenderá ao longo do trienio 2019 -2021, está dirixido a xestores de transferencia de tecnoloxía do Sistema Galego de Innovación. A participación nos cursos e a obtención da acreditación está financiada por GAIN e a Fundación Barrié.

O “Programa de acreditación RTTP 2019-2021” facilita a obtención da acreditación Registered Technology Transfer Professional de ATTP – Alliance of Technology Transfer Professionals. Para iso levará a cabo un ciclo formativo específico e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo para a obtención da certificación.

Datas de celebración: do 9 ao 13 de decembro de 2019
Lugar de celebración: Sala 2 da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Inscricións: formulario de inscrición dispoñible nesta ligazón.
Prazo de inscrición: o prazo para a presentación de solicitudes remata o 5 de decembro de 2019 ás 20:00 h.
Número de prazas: 50
Participación: as prazas para a participación no programa son limitadas polo que se priorizarán as solicitudes de candidatos que xa acrediten puntos RTTP.
Toda a formación será impartida en inglés, polo que será necesario acreditar un nivel mínimo de B2.
Documentación e enlaces:

Máis información:





PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •