Aviso Legal

1) Información sobre o Titular do Sitio Web

Este Sitio Web da Fundación Barrié é propiedade da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, (en diante Fundación Barrié), CIF: G 15027972 e domicilio en r/Cantón Grande n.º 9, 15003 A Coruña.

Dentro da expresión “Sitio Web” compréndense -con carácter delimitativo pero non limitativo- os datos, textos, gráficos, imaxes, animacións, creacións musicais, vídeos, sons, debuxos, fotografías e outros incluídos neste, e, en xeral, todas as creacións expresadas por calquera medio ou soporte, tanxible ou intanxible con independencia de que sexan susceptibles ou non de propiedade intelectual de acordo ao Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual.



2) Obxecto do Sitio Web

O Sitio Web da Fundación Barrié é un Website corporativo cuxo obxectivo é informar sobre a actividade da Fundación e ofrecer servizos ao público.



3) Condicións de Acceso e Utilización do Sitio Web

O acceso a este Sitio Web é responsabilidade exclusiva do usuario, e supón aceptar e coñecer as advertencias legais, condicións e termos de uso contidos nela. O usuario garante a autenticidade e veracidade de todos aqueles datos que comunique tanto ao cubrir os formularios de rexistro como en calquera outro momento posterior, sendo da súa responsabilidade actualizar a información subministrada, de tal forma que reflicta a súa situación real. O usuario será responsable da inexactitude ou falta de veracidade da información aportada.

O usuario comprométese á correcta utilización do Sitio Web, os seus contidos e utilidades que se lle proporcionen conforme á lei e ao presente aviso legal, quedando na obriga do uso de todos os seus contidos para fins lícitos e non prohibidos, que non infrinxan a legalidade vixente e/ou poidan resultar lesivos dos dereitos lexítimos dos titulares do Sitio Web ou de calquera terceiro, e/ou que poidan causar calquera dano ou prexuízo de forma directa ou indirecta.

Prohíbese o uso dos contidos do Sitio Web para promover, contratar ou divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen a autorización da Fundación Barrié, así como remitir publicidade ou información valéndose para iso dos servizos ou información que se poñen a disposición do usuario, independentemente de se a utilización é de balde ou non.

O usuario do Sitio Web poderá:

• Acceder de balde e sen necesidade de autorización previa aos contidos e servizos do sitio dispoñibles como tales, sen prexuízo das condicións técnicas, particulares ou a necesidade do previo rexistro respecto de servizos e contidos específicos segundo se determine nestas condicións xerais ou nas condicións particulares de ditos servizos.

• Utilizar os servizos e contidos dispoñibles para o seu uso exclusivamente particular.

• Facer un uso correcto e lícito do sitio, de conformidade coa lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública.

En ningún caso o usuario poderá:

• Acceder ou utilizar os servizos e contidos do sitio para a comisión de accións ilícitas ou contrarias á lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública, con fins lesivos de dereitos e liberdades de terceiros, ou que poidan prexudicar, danar ou impedir por calquera forma, o acceso a eles, en prexuízo da Fundación Barrié ou de terceiros.

• Utilizar os servizos, total ou parcialmente, para promover, vender, contratar, divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen autorización previa e por escrito da Fundación Barrié.

• Introducir información no Sitio Web ou empregar os servizos existentes nel coa finalidade de atentar –directa ou indirectamente- contra os dereitos –e moi especialmente os dereitos fundamentais e liberdades públicas- doutros usuarios do Sitio Web; que inciten ou promovan a realización de actos delitivos, xenófobos, terroristas ou degradantes por razón de idade, sexo, relixión ou crenzas; ou de carácter pornográfico, obsceno, violento ou que atenten contra a lei, a moral ou os bos costumes. A estes efectos, por información entenderase, con carácter delimitativo pero non limitativo: textos, gráficos, imaxes, vídeos, sons, debuxos, fotografías, datos, notas, e outros.

• Realizar calquera acción que impida ou dificulte o acceso ao sitio polos usuarios, así como dos hipervínculos aos servizos e contidos ofrecidos pola Fundación Barrié ou por outros terceiros a través do Sitio Web.

• Empregar calquera tipo de virus informático, código, software, programa informático, equipo informático ou de telecomunicacións, que poidan provocar danos ou alteracións non autorizadas dos contidos, programas ou sistemas accesibles a través dos servizos e contidos prestados no Sitio Web ou nos sistemas de información, arquivos e equipos informáticos dos usuarios destes; ou o acceso non autorizado a calquera contido e/ou servizo do Sitio Web.

• Eliminar ou modificar de calquera modo os dispositivos de protección ou identificación que poidan conter os contidos aloxados no Sitio Web, ou os símbolos que a Fundación Barrié ou os terceiros lexítimos titulares dos dereitos incorporen ás súas creacións obxecto de propiedade intelectual ou industrial existentes neste Sitio Web.

• Reproducir total ou parcialmente o presente Sitio Web noutros sitios web distintos; non poderá realizar enmarcados ao presente sitio ou os sitios web accesibles a través deste que oculten ou modifiquen –con carácter delimitativo pero non limitativo- contidos da Fundación Barrié ou de terceiros.

• Crear marcos dentro dun Sitio Web da súa responsabilidade ou propiedade que reproduzan a páxina principal e/ou as páxinas accesibles a través dela, correspondentes a este Sitio Web sen a previa autorización da Fundación Barrié.

• Realizar calquera acción que supoña a reprodución, distribución, copia, alugamento, comunicación pública, transformación ou calquera outra acción semellante que supoña a modificación ou alteración, de todo ou parte dos contidos e servizos do sitio ou da explotación económica deste, sen a autorización previa e por escrito da Fundación Barrié ou do terceiro propietario dos dereitos de propiedade intelectual e industrial que recaian sobre os servizos ou contidos do Sitio Web e a salvo do disposto nestas condicións xerais ou, no seu caso, condicións particulares que regulen o uso dun servizo e/ou contido existente no Sitio Web.



A Fundación Barrié resérvase os seguintes dereitos en relación coa xestión e administración do Sitio Web:

• Modificar as condicións de acceso ao Sitio Web, técnicas ou non, de forma unilateral e sen previo aviso aos usuarios, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido destinado aos usuarios do Sitio Web.

• Establecer condicións particulares para o acceso a determinados servizos e/ou contidos.

• Limitar, excluír ou condicionar o acceso dos usuarios cando non se dean todas as garantías de utilización correcta do sitio por estes conforme ás obrigas e prohibicións asumidas por eles.

• Finalizar la prestación de un servicio o suministro de un contenido, sin derecho a indemnización, cando a súa utilización polos usuarios deveña ilícito ou contrario ao establecido nas condicións que o regulan, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido destinado aos usuarios do Sitio Web.

• Modificar, suprimir ou actualizar todo ou parte dos contidos ou servizos ofrecidos a través do sitio, sen necesidade de aviso previo, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido destinado aos usuarios do Sitio Web.

• Esixir a indemnización que puidese derivar polo uso indebido ou ilícito de todo ou parte dos servizos e contidos prestados a través do sitio.

No suposto de que calquera cláusula destas condicións xerais de uso do Sitio Web ou, no seu caso, condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido, resulte anulable ou nula, na súa totalidade ou en parte, esta nulidade ou anulabilidade non afectará á validez doutras cláusulas destas, as cales permanecerán con plena eficacia e validez, salvo que a parte que alegue a súa nulidade ou anulabilidade probe que sen a cláusula que resultar nula ou anulable non poderán cumprirse os fins perseguidos polas presentes Condicións.



4) Dereitos de Propiedade Intelectual

O usuario obrígase a respectar os dereitos de propiedade intelectual da Fundación Barrié. O uso ou a concesión de acceso a este Sitio Web non comportan o outorgamento de dereito ningún sobre as marcas, nomes comerciais ou calquera outro signo distintivo que se utilicen nela.

Quedan prohibidas as descargas deste Sitio Web para fins comerciais, polo que o usuario non poderá explotar, reproducir, distribuír, modificar, comunicar publicamente, ceder, transformar ou usar o contido deste Sitio Web con fins comerciais.

Así mesmo, en virtude do establecido neste Aviso Legal, queda prohibida a reprodución total ou parcial dos contidos deste Sitio Web sen autorización expresa do autor e sen que poidan entenderse cedidos ao usuario polo acceso a esta.



5) Contidos e materiais publicados polo usuario

O usuario comprométese a non introducir, almacenar ou difundir mediante este Sitio Web, calquera contido que infrinxa dereitos de propiedade intelectual ou industrial, nin en xeral ningún contido respecto do cal non ostenten, de conformidade coa lei, o dereito a poñelo a disposición de terceiros.

Neste sentido e dada a diversidade do material que se pode aloxar no Sitio Web, resulta imposible verificar a orixinalidade ou ausencia de dereitos de terceiros sobre os contidos subministrados polo usuario. Por este motivo, a Fundación Barrié limitarase a comprobar que ditos contidos no sexan contrarios ao espírito que inspira este Sitio Web.

A Fundación Barrié reserva o dereito de poder modificar os contidos aportados polo usuario, a fin de adaptalos ás necesidades de formato editorial do Sitio Web.

O envío de contido por parte do usuario e a consecuente aceptación das presentes cláusulas implica a cesión á Fundación Barrié, con carácter exclusivo, dos dereitos de explotación sobre dito contido. A Fundación Barrié ostentará, con facultade de cesión a terceiros, durante o máximo tempo de protección establecido pola vixente Lei de Propiedade Intelectual, e para a súa explotación en calquera país do mundo, todos os dereitos de explotación dos contidos remitidos polos usuarios. Por contido aportado polo usuario enténdese, con carácter delimitativo pero non limitativo: textos, gráficos, imaxes, vídeos, sons, debuxos, fotografías, datos, notas, e outros.

O envío de contido por parte do usuario, así como a cesión de dereitos que se efectúa a prol da Fundación Barrié e o exercicio destes terá carácter gratuíto, de modo que a Fundación Barrié non se obriga ao aboamento de contraprestación ou cantidade ningunha.



6) Protección de Datos de Carácter Persoal

A Fundación Barrié obrígase a cumprir a lexislación vixente en materia de protección de datos persoais contida na Lei Orgánica 15/1999 e no seu Regulamento de Desenvolvemento (Real Decreto 1720/2007), e demais normas que a complementen e desenvolvan.

O usuario que accede ao Sitio Web da Fundación Barrié non está obrigado a proporcionar información persoal para o uso do sitio, por tanto, calquera comunicación de datos a tales efectos o será porque o usuario voluntariamente decidiu unha navegación ou uso personalizado dos servizos.

Os datos de carácter persoal subministrados polo usuario nos formularios que cubra serán tratados de forma automatizada e incorporados a ficheiros de datos persoais da Fundación Barrié. Os datos persoais serán exclusivamente utilizados para o fin exposto no formulario de recollida de datos.

En todo momento o usuario poderá exercitar os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación de conformidade co establecido en Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, a través da dirección de correo electrónico: lopd@fbarrie.org.



7) Utilización de cookies

A Fundación Barrié resérvase o dereito de utilizar “cookies” (pequenos arquivos de texto almacenados no navegador do usuario) ou outras técnicas semellantes cando un usuario navega polas páxinas do Sitio Web. Tales cookies serán usadas pola Fundación Barrié para asegurar que o Sitio Web está a ser ben administrado e facilitar unha mellor navegación dentro deste aos usuarios.



8) Exención e limitación de responsabilidade da Fundación Barrié

A Fundación Barrié queda exenta de calquera tipo de responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza nos seguintes casos:

• Pola imposibilidade ou dificultades de conexión á rede de comunicacións a través da que resulta accesible este Sitio Web, independentemente da clase de conexión utilizada polo usuario.

• Pola interrupción, suspensión ou cancelación do acceso ao Sitio Web, así como por dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do sitio ou dos servizos e/ou contidos neste, cando iso se deba (i) ben a interrupción do servizo por mantemento técnico da web, (ii) ben a unha causa allea ao ámbito de control da Fundación Barrié xa proveña directa ou indirectamente desta.

• A Fundación Barrié non asume ningunha responsabilidade respecto dos servizos e contidos, nin pola dispoñibilidade e condicións, técnicas ou non, de acceso a estes, que sexan ofrecidos por terceiros prestadores de servizos, en especial respecto dos prestadores de servizos da sociedade da información. Por prestadores de servizos da sociedade da información entenderanse aquelas persoas físicas ou xurídicas que presten os seguintes servizos ao público: (i) transmisión por unha rede de comunicación de datos facilitados polo destinatario do servizo (ii) servizos de acceso á citada rede (iii) Servizos de almacenamento ou aloxamento de datos (iv) subministro de contidos ou información (v) servizo de copia temporal dos datos solicitados polos usuarios (vi) facilitación de enlaces a contidos ou instrumentos de busca.

• A Fundación Barrié en ningún momento asume responsabilidade polos danos ou prexuízos que puidesen causar a información, contidos, produtos e servizos -con carácter delimitativo pero non limitativo- prestados, comunicados, aloxados, transmitidos, exhibidos ou ofertados por terceiros alleos á Fundación Barrié a través dun sitio web ao que poida accederse mediante un enlace existente neste sitio.

• Da calidade e velocidade de acceso ao sitio e das condicións técnicas que debe reunir o usuario co fin de poder acceder ao sitio e aos seus servizos e/ou contidos.



9) Lexislación Aplicable e Xurisdición

Estas Condicións Xerais de Uso do Sitio Web réxense pola lexislación española.

As partes, con expresa renuncia ao seu propio foro, sométense para a resolución de cantos litixios puidesen derivarse aos Xulgados e Tribunais da Coruña.