Arquivo RSEAPS

Inicio / Patrimonio e Cultura / Fondo documental / Arquivo RSEAPS

Arquivo da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago

A creación dende finais do século XVIII das Reales Sociedades de Amigos del País significou un intento de modernización e ilustración. Durante máis de un século foron as institucións que levaron a cabo os estudos previos a todo intento de mellora das condicións económicas dos respectivos países nos que se emprazaban. En Galicia foi a Real Sociedad de Amigos del País de Santiago de Compostela a que alcanzou máis desenvolvemento e o seu arquivo rexistra os estudos de racionalización da agricultura, a economía en xeral así como o fomento das artes e a elevación do nivel intelectual da sociedade.

Un arquivo vivo

O proxecto de dixitalización non remata coa posta a disposición das imaxes. Cómpre que o texto que garda o rico conxunto manuscrito da SEAP sexa accesible tamén aos navegadores e á busca a texto completo. Con ese obxectivo na mente, desde esta páxina convidamos á sociedade en xeral e á comunidade educativa en particular a que fagan historia e deixen a súa pegada.

Para accederes ao archivo RSEAPS clica aquí.


Nota de prensa


Presentación arquivo RSEAPS

VIDEO

Presentación da web de acceso ao arquivo dixitalizado da RSEAPS

Fundación Barrié