Inicio / Medalla de Ouro á Real Institución Benéfica Social Padre Rubinos

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Acto de entrega da Medalla de Ouro da Fundación Barrié á Real Institución Benéfica Social Padre Rubinos co gallo do seu Centenario

Venres 02 de Marzo de 2018

20:00

Sede A Coruña

Aforo limitado

Acto de entrega da Medalla de Ouro da Fundación Barrié á Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos na homenaxe co gallo do seu centenario. O evento será presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e contará coas intervencións de José María Arias Mosquera, Presidente da Fundación Barrié, e Eduardo Aceña, Presidente da Real Institución Benéfica Social Padre Rubinos. O acto clausurarase cun concerto a cargo da Orquestra de Cámara de Galicia.

Entre os galardoados que recibiron a Medalla de Ouro da Fundación Barrié salientan La Voz de Galicia e persoeiros como o Papa Juan Pablo II; as súas Maxestades, os Reis Eméritos Don Juan Carlos e Dona Sofía ou o Rei Don Felipe VI cando era Príncipe de Asturias, entre outros.

José María Arias Mosquera, Presidente da Fundación Barrié, considera que: “con esta distinción queremos recoñecer o importante e necesario labor, de profunda pegada social, que desenvolveu  esa institución ao longo dos seus 100 anos de historia e que estivo caracterizada polo inequívoco obxectivo de servir aos intereses das persoas máis necesitadas e vulnerables da sociedade”.

Esta Medalla de Ouro complementa a Medalla de Prata que a Fundación Barrié concedeu ao propio Padre Rubinos en 1983, a título póstumo, por iniciativa da súa Presidenta, Carmela Arias y Díaz de Rábago, quen, desde os inicios e ata o seu pasamento en 2009, apoiou a institución cun compromiso persoal e económico, tanto desde a Fundación Barrié cuxo investimento supón máis de 1M€, como co seu propio patrimonio, amosando unha vez máis a súa ben coñecida empatía e solidariedade cos máis necesitados.

A día de hoxe a Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos converteuse nun referente do traballo ben feito e da solidariedade coas persoas vulnerables e con quen sofre os problemas de desarraigamento ou riscos de exclusión, atendéndoos en varios centros como a Residencia Padre Rubinos, a Escola Infantil Carmen Cervigón e o Albergue.





ETIQUETADO EN: MEDALLA DE ORO  ,  PADRE RUBINOS

PRÓXIMOS EVENTOS