Inicio / Axenda / III Edición do Torneo de Debate Académico de TALKK

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Fase Final da III Edición do Torneo de Debate Académico de TALKK

III Edición do Torneo de Debate Académico de TALKK

Fundación Barrié

Venres 02 de Febreiro de 2018

10:00-14:00 y 16:00-20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

A sede da Fundación Barrié da Coruña acolle venres 2 de febreiro a Fase Final da terceira edición do Torneo de Debate Académico de TALKK (TDAK), que arrancou cun récord de participación: 130 debatentes divididos en 23 equipos, procedentes de 11 centros educativos da Coruña.

A Final terá lugar no Auditorio da Fundación Barrié.

O alumnado, desde 1º da ESO ata 2º de BACH, ten que defender a postura de "a favor" ou "en contra" a respecto da pregunta do debate: "En RRSS proxectamos unha imaxe ideal do noso día a día: ¿é positivo para a xuventude aspirar a unha vida extraordinaria como norma?", na que estiveron a traballar estes meses coa axuda do seu profesorado.

Como cada ano, o TDAK, unha iniciativa impulsada pola escola de oratoria e debate TALKK en colaboración coa Fundación Barrié, trata de ofrecer á mocidade unha ferramenta excepcional para o seu desenvolvemento académico e persoal: a oratoria. Convencidos de que fortalecer as habilidades comunicativas supón unha aprendizaxe moi enriquecedora para a escola e para a vida e co claro obxectivo de inculcar e afianzar na cidade a cultura da oratoria e o debate, TALKK organiza esta semana, na sede da Fundación Barrié, a terceira edición deste torneo, cuxa participación está aberta a todos os centros públicos, concertados e privados de Ensinanza Secundaria e Bacharelato da provincia da Coruña. Abofé que ano tras ano, observando as persoas que pasa polas súas aulas, confírmase o lema da escola, tomado de Aristóteles: "a habilidade para expoñer unha idea é tan importante como a idea mesma".

Para máis información:

info@talkk.me
881 92 42 86





ETIQUETADO EN: ORATORIA  ,  TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO  ,  TALKK

PRÓXIMOS EVENTOS